| Ana Mª
Fernández: Oliña de azucre Ilustracións de Adriana Exeni Col. Ala Delta, 38. Serie Vermella Ed. Edelvives. Zaragoza, 1995 |
![]() |
Conxunto de dezaoito poemas para os primeiros
anos da infancia. Comeza cos arrorós para conxurar os medos da noite,
que pode vir coa compañía da chuvia, as estrelas e o luar.
Veñen logo cantares a elementos da natureza como o vento, a lúa,
o toxo e diversos animais. E non faltan os xogos de palabras que utilizan a
eufonía e a repetición para crear unha sinxela estructura
musical. O último texto é unha viaxe polos países de
Nonseiqué, Nonmedigas, Quemedís, Nonseionde e Nonseimáis.
|
|