blix



Ánxeles Ferrer: ¡Ola, son a Lúa!
Ilustracións de Ánxeles Ferrer

Col. Montaña Encantada. Serie Azul
Ed. Everest Galicia. León, 2002

Adivinas

A lúa, desde a súa bufarda onde nacen as estrelas, da que ás veces baixa por unha escada de prata onda o lector, que dorme, como é algo poeta presenta en verso o ciclo da vida coas súas catro estacións.
Na primavera, con grilos, flores miúdas, andoriñas, o cuco e á noite os vagalumes, o sol faille cóxegas para que esperte; ela soña que é unha serea. No verán, poñerá un traxe novo de flor de toxo para ir ao lume de San Xoán Vello.
O outono apaña as follas, cando a choiva fai espellos nos camiños, as arañas tecen bufandas e as andoriñas despídense. No inverno, cabelo de xeo e luvas de neve, as árbores espidas, o oso dorme no seu cubil e soña con ríos de mel ata que o esperte o cuco en abril; o mar asusta aos barcos coas súas treboadas e a Lúa píntalles na auga un carreiro de luz para que volvan á casa. Na súa casa gris, con folerpas na fiestra, ben arroupada na bufarda, pecha os ollos e agarda que volva a primavera.

48 p. - 21x19 cm.                                                             ISBN    84-403-0427-7



Opinion