| Varios:
¡Nunca máis! A ollada da infancia Ilustracións de Varios Kalandraka Editora. Pontevedra, 2003 White Ravens 2004 |
|
"Este libro é unha esixencia, unha chamada ao sentido
común feita coas mans e as palabras de quen adoitan ser espectadores
pasivos da Historia, os nenos e as nenas, que viviron de forma intensa a
catástrofe ecolóxica producida polo afundimento do Prestige,
aquel triste 13 de novembro do 2002, e levantaron unha marea reivindicativa
coas súas mans, coas súas voces. Esta é unha pequena
mostra de tanto sentimento, de tanta rabia, de tanta esperanza. Este é
tamén un proxecto solidario, porque o 15% do prezo de venda será
dedicado a fornecer de libros as bibliotecas das escolas máis afectadas
pola catástrofe. E cando amanine a treboada, as palabras e as cores dos
nenos galegos seguirán a ser unha esixencia, unha chamada ao sentido
común: ¡Que non pase NUNCA MÁIS!" |
|