blix



autor         ·         lector         ·         colección         ·          xénero         ·         ano



Agustín Fernández Paz: A nube de cores
Ilustracións de Xoán Martínez

Col. Sotelo Blanco infantil e xuvenil, 39. Serie O lapis
Ed. Sotelo Blanco. Santiago, 1999

A nube de cores

Raquel, con seis anos, ponse triste cando ten que ir ao colexio. Dona Elisa, a mestra, sempre está seria e cando se enfada pon cara de dragón e atemoriza os alumnos.
O recreo é o único tempo de alegría e liberdade salvo cando chove, pois por non teren patio cuberto non poden saír xogar fóra da aula. Por iso Raquel sempre olla para o ceo temendo que veñan as nubes negras que traen auga.
Unha mañá descubriu unha nube de cores, como un arco da vella, que se detivo enriba do colexio. E no recreo empezaron a caer pingas de cores con música: cada unha ceibaba ao estourar un son diferente. Todos, ata a profe, bailaron contentos.
Ao día seguinte, dona Elisa estaba cambiada, alegre, e contoulles un fermoso conto. A nube de cores marchara pero deixara a súa alegría no colexio.

40 p. - 13x18 cm.                                                          ISBN    84-7824-343-7



.  
RECENSIÓNS

  .  Fadamorgana
 



Opinion