blix



autor          ·          lector         ·         colección         ·          xénero         ·          ano



Xabier P. Docampo: Nube de neve
Ilustracións de Xosé Cobas

Col. Montaña Encantada. Serie Azul
Ed. Everest Galicia. León, 2000

Nube de neve

Aquela noite de febreiro caeu unha boa nevarada e cando Oria espertou todo estaba branco e fermoso. A mestra explicoulle que a neve se forma cando as nubes enfrían moito, como co frío do conxelador. Entón ela foi ao monte, agarrou unha nube e tróuxoa na mochila. Gardouna no soto, dentro do conxelador.
En maio, quixo volver ver a neve, polo que meteu a nube nunha caixa. As árbores en flor pedíronlle que non a ceibase, pois a súa neve derramaríalles os froitos; tampouco a querían o labrego nin a dona do bar con terraza de verán. Ao enteirarse, seu pai mandoulle devolvela ao ceo. Pero xa era tarde: o gato, que sempre andaba con paraugas porque lle tiña terror á auga, abriulle á nube, que encheu toda a casa de neve. Malamente a deron quitado da casa.
Cando Oria acordou, fóra había un enorme boneco de neve, con dous pneumáticos por ollos e o gato encima.

48 p. - 21x19 cm.                                                          ISBN    84-403-0412-9



Opinion