blix



Mon Daporta Padín: No río
Ilustracións de Mon Daporta Padín

Col. Os contos da rata Luísa, 5. Eds. A Nosa Terra. Vigo, 2002

No río

Luísa e Roxelio foron de pesca cos nenos. Levaron os aparellos todos e mais a merenda. Pasaron tres horas no río e só pescaron zapatos e rodas, pero aínda así ao caer a tardiña marcharon cantando. Ao día seguinte, tampouco pescaron nada pero viron un sapo, un merlo rieiro, un picapeixe... E volveron contentos: foi unha fin de semana divertida.
Con texto mínimo rimado e sinxelas ilustracións a toda páxina e a cores, péchase o libro, como todos os da colección, coa fórmula "Luísa, Roxelio / e mais os ratiños / esperan que vos gusten / estes seus contiños / ¡Abur!".

24 p. - 16x16 cm.                                                               ISBN    84-95350-29-7



Opinion