| Mon Daporta
Padín: No mar Ilustracións de Mon Daporta Padín Col. Os contos da rata Luísa, 6. Eds. A Nosa Terra. Vigo, 2002 |
![]() |
Luísa e familia foron no coche novo pasar o día
á praia. Botaron crema antes de tomar o sol na area, xogaron na auga ata
cansaren, apañaron cunchas, pillaron cangrexos, xogaron ao fútbol
e armaron castelos. E navegaron nunha lata de xoubas como se fose un veleiro;
foron mar adentro pero tiveron que dar volta para non naufragar pois o mar
picouse. Ao pisar terra de novo, respiraron tranquilos: moito medo pasaron. |
|