|
Noa xogaba moi ben ao fútbol cos rapaces. Aínda
que o que máis lle gustaba era ir ao parque, a carón da estatua
dun personaxe local, e xogar ao parchís coas flores, converterse en
bolboreta, falar coas nubes... Pero o parque estaba cada día
máis abandonado, podía con el a maleza, as flores murchaban e o
céspede perdía a súa cor verde. Seu pai tampouco
sabía por qué os maiores o deixaban morrer así. Á
noite sentiu envexa das fermosas paisaxes dun libro e asomou á
ventá buscando consolo nas estrelas. Entón ollando por un
cucurucho de papel de periódico a modo de telescopio descubriu unha
diferente, verde. Coas tesoiras da escola recortouna e durmiu con ela apertada
entre as mans. Ao acordar, desaparecera deixando un po fino tapizando o chan do
cuarto. Recolleuno co cucurucho-telescopio e ciscouno no parque. E
entón o parque recobrou vida. |