 |
Conta Pablo unha historia para ler na cama porque fóra
vai moito frío... Un sábado empezou a nevar tanto que a neve
cubriu os coches... E seguiu, tapando as árbores, chegando ata o tellado
da súa casa de tres pisos e... asolagando a terraza do edificio
máis alto. A cidade desapareceu convertida nun cobertor branco.
Pasados sete días, derreteuse a neve, pero canda ela levou as cores. A
cidade quedou, como unha pelicula antiga, en branco e negro. E como os adultos
tiñan moito traballo atrasado, o alcalde encargoulles aos nenos que
devolvesen as cores. Pintaron árbores violetas, semáforos de
azul, camiños verdes con pintas encarnadas... Os maiores quixeron
cambiar estas cores das cousas, pero a pintura non marchou. Teñen unha
cidade ben fermosa. Se queres, vai vela, pero rápido: tes que ir antes
da próxima nevarada. |