blix



Miguel Vázquez Freire: O neno que tiña medo dos robots / O robot que tiña medo dos nenos
Ilustracións de José Tomás

Ed. Rodeira. Barcelona, 2007

 O neno que tiņa medo dos robots O robot que tiņa medo dos nenos

Cando soou o espertador, Luis apagouno, ceibou un peidiño e, sen abrir os ollos, volveu quedar durmido até que a súa nai veu chamalo pois xa se facía tarde para chegar á escola. Só entón camiñou cara ao cuarto de baño, caeu porque o pantalón enredóuselle nos pés, lavou as mans, a cara, as lagañas dos ollos e os dentes, fixo un pis e unha caquiña e almorzou con papá e mamá. Como cada mañá, o pai advertiulle que tivese coidado cos coches da rúa, cruzase os semáforos en verde e, sobre todo, ¡evitase os nenos robots, os maiores inimigos dos nenos humanos! Aínda que a mai dixo que non é para tanto. Déronlle uns bicos os pais e saíu en dirección á escola, levando a carteira cos libros, a goma de borrar e o bolígrafo. Cando cambiou o semáforo a verde, había tal batifondo de xente que tivo que vir o robot especializado en reordenar o tráfico. Así, empuxado pola multitude, non vai puido evitar o fatal encontro co robot.
Cando soou o avisador mecánico, o robot de última xeración AX-B10 estricou os seus brazos mecánicos, facendo as xunturas "¡creek!", e volveu deitarse no repousador sen permitir que se acendese ningún dos seus circuítos, até que papá robot entrou e mandoulle poñer os circuítos en marcha pois xa levaba atraso sobre as previsións establecidas. Ergueuse dun chimpo cibernético e ás carreiras, polo que case provocou un accidente cando as antenas superiores se lle engancharon nos conectores luminosos do teito, na sala de posta a punto matinal engraxou os rodamentos, deulles brillo ás placas metálicas de identificación, botou o líquido limpavidros sobre os parabrisas e fluído para desentupir os furados alimentadores de información, ceibou unha descarga de residuos e enchufou o seu cable de alimentación para recargar as baterías de mantemento. Antes de saír, mamá robot díxolle que tivese tino na rúa coas máquinas automóbiles, cruzase o semáforo en verde e, sobre todo ¡que fuxise dos nenos, que son os maiores inimigos dos robots pequenos! Aínda que, segundo o pai, a cousa non era para tanto. Déronlle uns bicos os pais e saíu para a escola de pequenas máquinas intelixentes, levando a súa computadora portátil, o seu revisador de frecuencia e o seu chamador celular. Cando cambiou o semáforo a verde, houbo tal movemento de xente que tivo que vir un garda para organizar o paso dos coches. Así, empuxado pola multitude, non puiedo evitar o perigoso encontro co neno.
Pero non pasa nada: á fin de contas, un neno e un robot sempre serán amigos
Álbum publicado nunha edición especial con dous comezos diferentes e un final común nas páxinas centrais do libro.

48 p. - 26x26 cm.                                                      ISBN    978-84-8349-023-5



Opinion