blix



Xelís de Toro: O neno perdido
Ilustracións de Francisco Bueno Capeáns

Eds. Xerais. Vigo, 1998

O neno perdido

O xurelo escritor, cronista do mar, narra en verso esta historia que mostra un novo fracaso dos homes e a sabedoría dos animais do mar.
Un día que había un rebumbio inusitado de barcos no mar, reuníronse os animais e acordaron enviar espías para que informasen do que pasaba. Foi o arroaz, que lle entendeu a un mariñeiro que andaban á busca dun "berberecho". Como non parecía posible que o buscasen en alta mar, foron confirmar un polbo e as sardiñas: resultou que os homes perderan un "pequerrecho". Toda a fauna do mar parou de enredar no parchís e outros xogos para dedicarse a localizalo.
Cando o atoparon, fixéronlle un colchón de sardiñas, cambiáronlle o cueiro sucio por un novo de algas e deixárono á beira da praia. Coma quen que o trouxera a marea.

42 p. - 20x24 cm.                                                          ISBN    84-8302-324-5



Opinion