| Susana Casal /
Xosé López: O neno mosquito Ilustracións de Pepe Carreiro Col. Contos do Miño. Eds. A Nosa Terra. Vigo, 2002 |
|
Había unha vez un pai que tiña un fillo pequeno
como un mosquito. Un día que foron coa mula (o rapaz ía na
orella) buscar toxo ao monte, o pai vendéullelo a uns ladróns por
unha bulsa de moedas. Así, gracias a el, que entrou polo ollo da
pechadura e abriu desde dentro, puideron roubar na casa do cura. Mais como
quedou durmido entre a herba da corte, unha vaca papouno sen velo. Cando a
criada foi munxir pola mañá, ao oílo falar desde o
bandullo do animal, avisou ao cura, que matou a vaca para descubrir tal
misterio. Pero non deu con el: estaba entre as tripas, que comeu unha raposa.
Desde o bandullo desta, o cativo convenceuna de que fosen á casa do seu
pai pois tiña unhas galiñas ben mantidas. Comeu a raposa tantas
que de gorda xa non daba saída polo portelo do galiñeiro.
Entón o rapaz chamou polo pai, quen matou a raposa e liberouno. Fixera
rica a familia, volvendo á casa san e salvo. |
|