blix

autor         ·         lector         ·         colección         ·          xénero         ·         ano



Sabela Álvarez Núñez: A nena invisible / Nubes brancas
Ilustracións de Ana G. Buhigas

Col. Vouche contar un conto
Edicións Xerais. Vigo, 1991

A nena invisible / Nubes brancas

Sabela Álvarez Núñez presenta dúas historias que teñen como protagonista a Sol Sole, unha rapaza que naceu nunha casa vella no arrabalde norte da cidade. Cando tiña cinco anos, como seus pais a penas gañaban cartos e non podían comprarlle xoguetes, entretíñase cos tacos de madeira que seu pai lle daba: convertíaos en músicos dunha grande orquestra, que ela dirixía. Un día primaveral, caeu, batendo co taco-clarinetista na súa cella esquerda. Entón sucedeulle algo marabilloso: sentiuse unha onda danzando polo aire. Se tocaba a cella sá volvía sentir o corpo, pero senón era A nena invisible. Aproveitou para coarse no Conservatorio, onde os profes se admiraron do repentino virtuosismo dos seus alumnos. Segundo os estudiantes, unha man invisible movía as súas cando estaban tocando.
Aos seus trece anos, Sol Sole compoñía pezas musicais. Un día mandou a súa composición Nubes brancas a un concurso, que gañou. Na entrega do premio estreou da peza, dirixindo ela mesma a orquestra ante a admiración do público, estremecido de emoción. Desde aquela, dedicouse a gravar discos e dirixir orquestras con grande éxito. Era coñecida como a pequena-grande directora-compositora do século. Por certo, un día, de pronto, desapareceulle a marca da ferida e o seu poder de se tornar invisible.
Como nos outros volumes da colección, a ilustración ocupa a maior parte da páxina. As páxinas centrais conteñen un xogo visual para colorear sobre os instrumentos musicais dunha grande orquestra. A edición acompáñase cunha casete que contén o texto lido pola autora.

20 p. - 21x28 cm.                                                                ISBN    84-7507-592-4



Opinion