blix



autor         ·         lector         ·         colección         ·          xénero         ·         ano



Agustín Fernández Paz: A néboa escura
Ilustracións de Miguelanxo Prado

Col. A maxia das palabras. Dirección Xeral de Política Lingüística.
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Xunta de Galicia.
Santiago de Compostela, 1998

A néboa escura

Branca, nena de once anos, vivía nun fermoso val polo que deron en pasar forasteiros con présas e medo: fuxían da estraña peste que traía unha Néboa Escura. Un día, unha nube negra anegou o val en néboa. Esa noite ela deitouse co colgante do tríscele gravado. Cando acordou, os seus pais seguían durmidos, como todos os seres vivos.
Agardou tres días e botouse ao camiño, deica a Torre dos Corvos onde segundo as lendas habitaban os homes que antano gobernaban o mundo. Aleccionada polo consello dun corvo branco, erguendo a lousa do tríscele estampado atopou a entrada dunha cova e na negrura desta unha columna de mármore onde pousaba unha caixa brillante. Coa axuda do tríscele chegou a ela, que só se abriu cunha bágoa súa de impotencia. Despois, a auga arrastrou a Branca deica o exterior e de volta na casa descubriu que a vida volvera. Estaba conxurada a maldición da Néboa Escura.

22 p. - 14x10 cm.                                                                D.L.    C-792/1998



Opinion