blix



Anxo Fariña: Na aventura dos muíños
Ilustracións de Anxo Fariña

Col. Don Quixote e Breogán, 1. Eds. A Nosa Terra. Vigo, 2005

Na aventura dos muíños

Breogán pediu na biblioteca un libro enorme porque lle gustaron os debuxos e o coiro da encadernación. Trataba dun home xa vello que de tanto ler libros de cabaleiros andantes quixo ser un deles e mesmo tomou un veciño de escudeiro para vivir aventuras, leu Breogán ata que quedou durmido.
Cando acordou estaba lonxe da súa casa vestido cunha roupa rara e unha espada de madeira. Bateu cun señor de pelo gris moi fraco e con armadura montado nun cabalo famento acompañado doutro baixiño a lombo dunha burra: Don Quixote e Sancho Panza, que o aceptaron de aprendiz de cabaleiro. No camiño viron unhas estrañas siluetas que a Don Quixote lle pareceron xigantes, aos que atacou malia a advertencia de Sancho de que eran muíños. Quedou enganchado nunha aspa ata que saíu disparado ao chan.
Pasado o susto, a Breogán volveulle o sono e acordou na súa cama á hora de cear. E quedáronlle ganas de buscar novas aventuras lendo naquel libro máxico.
Edición en capa dura con ilustracións a cores a toda páxina.

28 p. - 25x23 cm.                                                            ISBN    84-96403-27-0



Opinion