blix



Mon Daporta Padín: Na neve
Ilustracións de Mon Daporta Padín

Col. Os contos da rata Luísa, 7. Eds. A Nosa Terra. Vigo, 2002

Na neve

Desde que teñen coche, Luísa e familia non paran de viaxar. Esta fin de semana foron á serra para enredar coa neve ben abrigados. Argallaron unha guerra de bólas e baixaron polas costas metidos nun cesto. Fixeron un boneco de neve, adornado con paus e un chapeu vello. Mais o día non rematou ben. Á volta tivo unha mínima avaría o coche: ¡quedou sen gasolina!
Con texto mínimo rimado e sinxelas ilustracións a toda páxina e a cores, péchase o libro, como todos os da colección, coa fórmula "Luísa, Roxelio / e mais os ratiños / esperan que vos gusten / estes seus contiños / ¡Abur!".

24 p. - 16x16 cm.                                                               ISBN    84-95350-31-9



Opinion