| Jacobo
Fernández: O Nadal Ilustracións de Jacobo Fernández Col. Pimpín por aquí non vin. Ed. Galaxia. Vigo, 2008 |
|
Libro en formato acordeón, despregable nunha longa saba cartonada,
estruturado en dúas caras ben diferenciadas. Por unha banda, unha
ilustración única retrata unha escena de rúa con adultos e
rapaces xogando, comendo turrón ou cantando os reis nun clima de ledicia
colectiva na que non poden faltar os Reis Magos, o Belén ou un festival
de panxoliñas. Na outra cara, aparecen con tipografía
caligráfica diferentes palabras relacionadas co tema, acompañadas
de senllas representacións gráficas, ademais dunha páxina
de preguntas sinxelas que reclaman unha relectura visual. |
|