| Xosé A.
Perozo: Nada no país dos números Ilustracións de Ramón Trigo Col. O Parrulo, 24. Ed. Ir Indo. Vigo, 2001 |
![]() |
No
país dos números vivía Nada, que era unha fermosa fada que
tiña forma de Cero a quen todos pretendían. Un, o rei dos Uns,
cortexábaa para facer xuntos un Dez. Dous e Tres formaban con ela un
Vinte ou un Trinta. Alporizado, o Catro berrou que con el o Cero tiña
máis valor, pois formaba un número sagrado, o Corenta. O chepudo
do Cinco alegou que con ela formaba o Cincuenta. Don Seis, o do bandullo,
tamén se sumou pero irrompeu o detective privado do Sete, que a colleu
do brazo disposto a formar con ela o Setenta. E non deixaron de aparecer o Oito
e mais o Nove. |
|