| Xoán
Babarro González: Mouchiño Mou Ilustracións de David Soler Col. No país dos contos, 14. Ed. El País / Ed. Galaxia. Madrid, 2007 |
|
Na
vella sobreira que bebe no río naceu unha noite de frío
mouchiño pompón, co corpiño cuberto de leve penuxe que
apenas o libra da viruxe. Arróupano os pais coas sabas bordadas do meigo
luar e as súas plumas como mantas. Ao primeiro traga moitas lamberetadas
e logo pasa de purés e papas a bocadillos. Médralle o rabo e
aprende a dicir "meu" e "mou". Intenta saltar deica a lúa e bate no
chan, cravándoselle un toxo na patiña, que arranca co peteiro e
volve andar, aínda que, iso si, un pouco coxea... De camiño,
sorpréndese ao descubrir no espello do río un irmán
xemelgo que o arremeda no que fai. E de conversa sorpréndeo o sol do
nacente, que non o deixa ver. Entón chora pedindo axuda, até que
unha moucha con bata de cola o guía deica a sobreira na que hai a
escola, onde aprende a debuxar e a cantar "vou!". |
|
![]() |
Xoán Babarro González:
Mouchiño Mou Ilustracións de David Soler Col. Árbore. Ed. Galaxia. Vigo, 2007 Reedición noutra colección 36 p -18x20 cm ISBN 978-84-9865-012-9 |