| Mon Daporta
Padín: A mosca Ilustracións de Mon Daporta Padín Col. Espiral de animaliños. Eds. A Nosa Terra. Vigo, 2006 |
|
A
mosca Catarina é un pouco zoupona, quere romper os vidros a golpes. Coa
cachola zoupa, rezoupa e volve a zoupar. É como un martelo sempre a
martelar. Cando se cansa de dar cabezadas vai, case sen folgos, media
atordodada, tan aparvada que onte coouse na boca dunha ra que boquexaba
aburrida. A ra, co susto, cuspiuna fóra...salvouse a mosca... e rematou
a historia. |
|