|
A
Moncho gustáballe moito debuxar. Todo o pintaba: a cama, a neveira, o
avó. ¡Se ata un día tivo a mai que aspirar toda a casa para
atopalo entre tanto debuxo! Cando cumpriu oito anos regaláronlle
unha caixa de acuarelas e pasou a tarde debuxando ata quedar durmido. Ao
día seguinte descubriu nun dos papeis unha mancha negra. ¿Que
podería ser? ¿Un ollo? ¿Un gato? Segundo os amigos, poida
que fose un estropallo, un anaco de espacio ou ... nada. O mecánico,
especialista en manchas, opinou que se debía tratar dunha fuga de
aceite; unha muller viu nela o lunar da calva do seu home. A Moncho ningunha
resposta o convencía. Tampouco era un porco, nin unha ovella negra...
Nun prado había unha mancha negra, como a súa, que movía o
rabo: ¡a súa mancha era unha vaca! Hoxe é un artista
famoso. Para algúns, só fai manchas. Pero el sabe que o que pinta
son vacas. As ilustracións, a toda páxina e a cores,
preséntanse cunha concepción visual diferente na que o artista
plástico crea personaxes modelados. |