| María
Reimóndez: Misterio no Deza Ilustracións de Lino Sánchez Col. Montaña Encantada. Serie Azul. Ed. Everest Galicia. León, 2006 |
![]() |
O
can Ulises trae un novo caso á axencia de detectives que comparte con
Uxía e Brais, pois desapareceu a Virxe do século X da igrexa de
Camanzo. Comezan as pescudas os tres amigos. Seguindo o rabo dunha
túnica que entrevén, van á igrexa de San Miguel de
Goiás, á de Donramiro, ao Santuario de Nosa Señora do
Corpiño, pasan pola Serra do Candán, a Fervenza do Río
Toxa, o Mosteiro de Carboeiro e na igrexa de Ansemil conseguen falar coa
estatua, que lles di que soamente pretende dar un paseo turístico.
Acompáñana deica a Ponte Ledesma, o edificio da Fundación
Neira Vilas, o Encoro de Portodemouros, o Pazo de Borraxeiros, os pendellos
medievais de Agolada e chegan mesmo ao Monte Farelo. Como xa viron o
máis interesante, a estatua, arrepentida de terse escapado, volveuse
colocar no seu lugar na igrexa. Deste xeito, os tres amigos coñeceron a
comarca do Deza. |
|