blix



Paco Rivas: O misterio das badaladas
Conto tirado da obra, co mesmo título, de Xabier P. Docampo
Ilustracións de Román

Servicio de Publicacións da Deputación Provicincial de Lugo. Lugo, 1999

O misterio das badaladas

O reloxo novo de Eiranova dá trece badaladas a media noite. Un grupo de rapaces comeza a pescudar o misterioso feito valéndose dunha serie de pistas en forma de mensaxes que van aparecendo nun libro da biblioteca do colexio, nunha bicicleta, nun tendal da roupa, no xornal ou no muíño. A última, nunha farola, lévaos á casa do xuíz xubilado, que xogou con eles argallando un enxeño para provocar a badalada de máis. Aínda que logo o reloxo deu once badaladas. ¿Outro novo misterio?
Esta adaptación da popular novela de Xabier P. Docampo é froito dunha experiencia escolar de Paco Rivas cos seus alumnos. Co obxectivo de estimular o hábito da lectura, partindo da elaboración dun diaporama con diapositivas, voces, música, etc. e en comunicación co escritor, os rapaces crearon un novo texto, mínimo, e as ilustracións.

64 p. - 24x17 cm.                                                        ISBN    84-8192-156-4



Opinion