| Luisa
Morandeira: Míster Corvo Ilustracións de Maurizio A. C. Quarello Col. O. OQO Editora. Pontevedra, 2006 . |
|
Un
pastor que pasaba o día coidando as ovellas soñaba con que
chegase unha pastora. Invocábaa tocando a frauta e cantando. Achegouse a
escoitalo un corvo cunha espiña cravada nunha pata, que el lle quitou.
Agradecido, o corvo levoulla a unha vella para que lla gardase ata o día
seguinte, mais como pasaron tres días e non ía por ela, a vella
usouna para manter a mecha dunha candea dereita e ardeulle a espiña.
Cando lla veu reclamar o corvo, pediulle a candea a cambio, que lle levou a
outra vella, a quen lla esmagou a vaca ao muxila, polo que a cambio deulle o
animal, que a anciá lle mandou matar para comela a unha rapaza que lle
traballaba na casa. Como ela só pensaba na carne que ía comer, e
a rapaza estaba farta de traballar para a vella, a moza marchou feliz co corvo
na cabeza. Que a levou onda o pastor, a cambio da frauta. Desde entón, o
corvo percorreu o mundo enteiro cantando e tocando a
frauta. |
|
|