blix



Ramón Caride: Micifú e os seus amigos
Ilustracións de Fernando L. Juárez

Col. Montaña Encantada. Serie Azul
Ed. Everest Galicia. León, 2001

Micifú e os seus amigos

Micifú é un gatiño verde con raias amarelas. Ten moitos amigos, como Rufa, a donicela, e o moucho Rosardo. Algúns veciños seus poden asustar, como o ourizo cacheiro; outros son ben curiosos, como o xabarín, ou o caracol, que leva a casa no lombo para non pasar frío. Micifú, en troques, dorme na corte con tres vacas e unha araña para abrigarse do frío inverno.
Pero na primavera todo é alegría: o cuco empeza a cucar, o grilo toca como un gaiteiro, a toupa come nas miñocas, as abellas fabrican mel e as bolboretas chuchan nas flores. E o noso gato xoga coas troitas no río, onde zoan os cabalos do demo e pasean os zapateiros, mentres a xoaniña seca as ás nunha raiola de sol.
É o mundo de Micifú, o gato de palleiro, retratado cos ollos e palabras dun neno, segundo Ramón Caride.

48 p. - 21x19 cm.                                                          ISBN    84-403-0400-5



Opinion