blix



Fina Casalderrey: O meu avó é unha gata
Ilustracións de Marina Seoane

Col. Andavía, 4. Eds. Xerais. Vigo, 2005

O meu avó é unha gata

Chámome Marciana porque nacín o 9 de xaneiro, conta a narradora infantil. O mesmo día que a mai a levou onda o avó Siro, que vive só. Estaba axeonllado onda unha parede chea de buratos e miañaba. Gateaba contra a parede e pediulle a ela que miañase tamén.
Logo soubo que pasara a noite miañando porque lle trouxeran un gatiño, que se perdera entre o oco de dous ladrillos do cuarto dos trastes. Levaba dous días oíndoo miañar do outro lado da parede pero non era quen de saír malia os buratos que el lle fixera. Había morrer de fame.
Cunha lanterna inspeccionaron os buratos, mais para a súa desolación nin contestaba. De súpeto saíu e púxose a lamber o leite todo fresco. Ao velos agachouse de novo. Pero era tan bonito que llo perdoaron. Entón o avó exclamou entre bágoas de risa: ¡fíxate como puxen as paredes! E ela tamén pegou a rir.

24 p. - 17x19 cm.                                                             ISBN    84-9782-285-4



.  
TRADUCIÓNS

castelan Mi abuelo es una gata
Il. Marina Seoane
Col. Maleta mágica, 4. Algar Editorial. Alzira, 2005
24 p. - 19x17 cm / ISBN: 84-957-2224-0
catalán El meu iaio és una gata
Il. Marina Seoane - Trad. Maria Viu Rodríguez
Col. Maleta Mâgica, 4. Ed. Bromera. Alzira, 2005
24 p. - 19x17 cm / ISBN: 84-766-0285-5
Euskera Nire aitona kateme bat da
Il. Marina Seoane - Trad. Rosetta Testu Zerbitzuak
Col. Maleta magikoa, 4. Ed Erein Argitaletxea. Donostia, 2005
24 p. - 20x20 cm / ISBN: 84-9746-228-9



Opinion