blix



Colectivo Crisol: A merla e o raposo
Ilustracións de Pepe Carreiro

Col. Contos populares. Eds. A Nosa Terra.
Promocións Culturais Galegas. Vigo, 2001

A merla e o raposo

Había unha vez un raposo que morto de fame andaba aos grilos cando oíu chiar paxariños novos nun salgueiro. Alí estaba unha merla cos seus tres filliños. E para comelos argallou que ía tronzar o salgueiro co rabo. A merla gañou medo e botoulle un. Pero, ao que o acabou, reclamoulle outro máis.
A merla, chorando, botou a voar. Unha pega díxolle que non fixese caso da ameaza, imposible de realizar. Así o fixo cando volveu o raposo, ao que non lle quedou máis remedio que marchar, burlado.

24 p. - 16x16 cm.                                                           ISBN    84-95350-73-4



Opinion