|
Cando naceu Tano, seus pais plantaron un Baobad, que medrou
mais ca el. Ao cumprir cinco anos, como á árbore non lle fixeron
festa, seu pai sachou arredor, súa nai regouna e el levoulle un pastel,
que comeu o gato. Esa noite unha póla petoulle na ventá e levouno
á festa da árbore onda outros animais. Ao soar o despertador e
vir o día deixouno na cama. Ata outro aniversario, pois as
árbores teñen máis memoria que a xente. Edición
especial multimedia con música de Marcial del Adalid interpretada pola
Orquestra Sinfónica de Galicia e ilustracións a xeito de collage
que completan este libro tan especial. |