blix



Ana María Fernández: Marta ten a solución
Ilustracións de Patricia Castelao

Col. No país dos contos, 15. Ed. El País / Ed. Galaxia. Madrid, 2007

Marta ten a solución

Conto Novo quería ser o conto máis importante de todos os contos contados e por contar, quería ter a historia máis fermosa do mundo enteiro. Para atopar o protagonista, puxo un letreiro na porta da súa casa e agardou a que se presentasen os interesados. Acudiu un caracol fermoso coa cuncha máis brillante que nunca se vira, mais atopoulle un único defecto: algún día morrería e dese xeito a súa historia tería un triste final. O mesmo defecto tiveron un lindo coello branco, un lobiño ideal para unha gran historia de acción e emoción, un elefante impoñente e mesmo o fero pirata Matamares. Ningún deles podería protagonizar unha historia inmortal.
Cando xa os veciños estaban enfadados con el por fachendoso, Marta, unha rapaza de seis anos, anunciou que tiña a solución. Pediulle que a acompañase á biblioteca da casa da cultura do concello e alí viron rapaces perdéndose nas follas ilustradas dos seus libros preferidos. Entón comprendeu que os seus personaxes non debían ter como condición previa seren inmortais. Porque cando un lector abre un libro, os personaxes volven contar a súa historia: ningún personaxe dun conto morrerá mentres teña lectores. Existen historias inmortais que fan que os seus protagonistas vivan sempre.
Edición especial en formato álbum a cores, que se vendeu conxuntamente co xornal do día.

36 p. - 19x16 cm.                              ISBN    84-9815-797-8 / 978-84-8288-994-8


Marta ten a solución . Ana María Fernández: Marta ten a solución
Ilustracións de Patricia Castelao


Col. Árbore. Ed. Galaxia. Vigo, 2007


Reedición noutra colección


36 p -18x20 cm ISBN   978-84-9865-013-6



Opinion