| Miguel
Vázquez Freire: María é
maior Ilustracións de Xosé Tomás Col. Xiz de Cor, 14. Ed. Baía. A Coruña, 2007 |
|
María xa ten dous anos, seis meses e un día. E xa
é maior porque sabe subir soíña as escaleiras da casa,
comer con culler e garfo e falar sen parar. Pero cando pide que lle deixen
prender o lume da cociña, non a deixan porque é perigoso e non
é maior abondo; tampouco pode andar coas tesoiras nin montar na
bicicleta estática nin conducir o automóbil nin pintar ao
óleo nin facer a instalación eléctrica do belén nin
cargar coas bolsas da compra. E, claro, enfádase, ¡porque xa
é maior! |
|