blix



Irene Pérez Pintos: Manu
Ilustracións de Ramón Trigo

Col. Demademora. Kalandraka Editora. Pontevedra, 2001

Manu

Manu estaba na bañeira e antes de saír mergullou a cabeza na auga. Como sempre, a súa mai berroulle que un día ía afogar. A única consecuencia foi que lle entrou, claro, auga nos oídos. Por iso cando a mai lle dixo o que tiña que traer da tenda, entendeu mal: en vez de lentellas, dez tellas. E tampouco entendeu ao dereito os comentarios seguintes. Pero, disposto a obedecer, ía comprar todo: nove patos, oito luvas, sete ratas, seis ovos, cinco castañetas, catro remos, tres paquetes de arroz, dúas empanadas e ata unha caca. E, con grande esforzo, foi quen de cumprir o mandado. ¡Ata deu cazado as sete ratas!
Cando chegou todo fachendoso á casa co carro con tal cargamento de compra, a mai, abraiada antel tal visión, caeu de cu.

36 p. - 22x22 cm.                                                          ISBN    84-8464-110-4



Opinion