blix



Anxo Fariña: Os magos das formas
Ilustracións de Anxo Fariña

Col. Contos do Miño. Eds. A Nosa Terra. Vigo, 2004

Os magos das formas

Tres grandes magos tiñan opinións enfrontadas sobre as formas xeométricas: se era superior o círculo, o rectángulo ou o triángulo. Para resolver a disputa acordaron que farían desaparecer da cidade próxima unha forma cada día: saberían entón cal era máis importante segundo os veciños.
Os habitantes da cidade tolearon o día que desapareceron os círculos e con eles a letra O, as rodas dos coches e as moedas, os reloxos, o sol e mesmo as tortas de cumpreanos. Ao día seguinte, cos rectángulos desapareceron as camas, os billetes, as portas, os televisores e ata os cadernos da escola. O día sen triángulos faltaron as frechas de tránsito, os cachos de pizza ou a letra A. Así cando os magos quixeron saber cal era a forma preferida polos cidadáns, unha nena dixo preferir a estrela. ¡Claro, porque non hai unha forma mellor que a outra, pois depende dos gustos de cadaquén!, concluíron os magos. E celebraron o final da súa disputa organizando unha festa para toda a cidade, con tantas formas como queiramos imaxinar.
Edición en capa dura con ilustracións a cores a toda páxina.

28 p. - 25x23 cm.                                                            ISBN    84-96403-23-8



Opinion