blix



Fina Casalderrey: ¡¡¡Lume!!!
Ilustracións de Manuel Uhía

Col. Tren Azul, 12. Ed. Rodeira
A Coruña, 2006

ˇˇˇLume!!!

Andrés conta coa súa voz narradora que como non ten claro o que vai ser de maior revolucionou a casa coas súas prácticas de aprendizaxe. Probou a ser peiteador facéndolle coletas ao avó, cortándolle as trenzas á irmá ou tinxíndolle o pelo de verde ao pai. Ata que a nai o descubriu e rifoulle.
Pensou entón en ser bombeiro, pero provocou lume no asador das sardiñas e non deu controlado a mangueira, que se moveu como unha serpe de auga entolecida. Ocorréuselle logo que podía ser camareiro, levándolles o almorzo aos pais á cama, pero a mai, asustada, golpeou a bandexa ciscando todo polo chan.
Enfadáronse os pais un pouco, pero ao ver as súas bágoas, o pai abrazouno con abrazos de oso bo e a mai deulle un bico de vainilla Porque aínda é demasiado novo para saber o que vai ser de maior.
Álbum con ilustracións a cores a toda páxina.

32 p. - 18x19 cm.                                                     ISBN    978-84-96352-69-8



.  
TRADUCIÓNS

castelan ¡¡¡Fuego!!!
Il. Manuel Uhía - Trad. Fina Casalderrey
Col. Tren azul, 67. Edebé. Barcelona, 2006
32 p. - 19x18 cm / ISBN: 978-84-236-7854-9
catalán Foc!!!
Il. Manuel Uhía - Trad. Elisenda Vergés Bo
Col. Tren blau, 41. Edebé. Barcelona, 2006
32 p. - 19x18 cm / ISBN: 978-84-236-7855-6



Opinion