blix



Alberto Varela Ferreiro: ¡Lume!
Ilustracións de Alberto Varela Ferreiro

Col. Merliño. Eds. Xerais. Vigo, 2007

A carreira de sacos

Nun bosque vello e fermoso no que vivían moitos animais, un día o Can avisou á Vaca, ela ao Cervo, este á mamá Xabarila, quen llo foi dicir á Landra: unha lapa esfameada escapara dunha cachela e viña cara ao carballo con ganas de facer lume. Pouco tardou en aparecer a lapa famenta, disposta a comezar por engulir o vello e gorentoso carballo. Na súa condición de presidenta da Comunidade de Veciños do Carballo Vello, dona Landra presentoulle a todos os veciños, desde o baixo ao andar superior: o señor Ourizo e familia, a Curuxa, os do Paxaro Peto, as formigas que soben polo tronco, a Vacaloura e dona Eiruga, os esquíos, dona Araña e dona Bubela. E chegaron á azotea, onde dona Landra botou un asubío chamando polo vento do Nordés, quen, soprando, trouxo unha nube de choiva que apagou a xa feble lapa.
Así foi como os veciños do Carballo salvaron a súa árbore do lume e puideron seguir vivindo ledos moitos anos.
Álbum con ilustracións a toda páxina e a cores.

30 p. - 18x20 cm.                                                    ISBN    978-84-9782-562-7

.  
RECENSIÓNS

  .  fadamorgana



Opinion