blix



Marisa Núñez: Lucinda e o inspector Vinagre
Ilustracións de João Caetano

Col. Demademora. Kalandraka Editora. Pontevedra, 2001

Lucinda e o inspector Vinagre

Lucinda, a vagabunda, tiña unha burra, un carromato e moitas historias que contar. Pero a burra era vella, o carromato estaba algo escangallado e os pés de Lucinda xa andaran moito mundo, polo que decidiu instalarse nunha casiña preto da cidade.
Ao primeiro ninguén lle facía caso pois todos andaban apurados, mais cando preparou melindres e chocolate con canela e convidou a quen parase un pouco, logo lle chegaron visitantes de todas partes. Tamén apareceu o inspector Vinagre, para prohibir que a xente parase onda ela. Pero cada día acudían máis: un grupo de músicos ambulantes, uns pequenos piratas... Entón o inspector prohibiu tocar e navegar pola beirarrúa. Os nenos disfrazáronse de inspectores e puxeron novos letreiros: "prohibido mandar narizes", "prohibido pensar cos pés"... Ao que viu tal cousa, coa carraxe foise desinchando como se perdese aire. Volveu en si gracias ao chocolate de Lucinda, viu o novo letreiro ("Prohibido inspeccionar") e pegou a bailar con ela.
Ao día seguinte tirou o uniforme, volveu ao carromato cunha bóla do mundo e un letreiro antigo que poñía "Pasatempo". Lucinda saudouno como Capitán Vin. Desde aquela, todas as tardes vai merendar chocolate con canela e melindres doces como as palabras de Lucinda.

44 p. - 22x22 cm.                                                        ISBN    84-8464-072-8



.  
TRADUCIÓNS

castelan Lucinda y el inspector vinagre
Il. João Caetano - Trad. Marisa Núñez Álvarez
Col. Libros para soñar. Kalandraka Editora. Pontevedra, 2001
44 p. - 22x22 cm / ISBN: 84-8464-073-6
catalán La Lucinda i l'inspector Vinagre
Il. João Caetano - Trad. Anna Gasol / Teresa Blanch
Col. Llibres per a somniar. Kalandraka Catalunya. Pontevedra, 2001
44 p. - 22x22 cm / ISBN: 84-95730-08-1
Euskera Eztitxu eta ozpin inspektorea
Il. João Caetano - Trad. Koldo Izaguirre Ureaga
Col. Amets egiteko liburuak. Kalandraka Editora. Pontevedra, 2001
44 p. - 22x22 cm / ISBN: 84-8464-074-4



Opinion