blix



Ramón Trigo: As luces que se acenden e se apagan
Ilustracións de Ramón Trigo
Kalandraka / Faktoria K de Libros. Vigo, 2005

As luces que se acenden e apagan

Lusco tiña moitos botes de pintura, unha brocha e unha lámpada enriba da cabeza. Pero non sabía que facer con todo aquilo. Un día a luz acendéuselle. Podía facer un cadro. O que ocorre é que non sabía que pintar. A lámpada converteuse nunha froita: un bodegón. E foi á praza mercar froita para pintalo. Mais aos poucos días a froita podreceulle... Ao mirarse no espello a luz volveuse acender: podía pintar un autorretrato. Pero fixo moitos e ningún lle gustou. Así que decidiu pintar outra cousa. Un caldeiro de pintura deulle a idea, e botouse ao mar coas pinturas para facer un cadro mariño, mais éralle imposible pois a barca non deixaba de moverse. Alí a luz volvéuselle acender: intentou pintar unha paisaxe marabillosa no cume máis alto, pero sentiu vertixe e volveu á casa. A luz acendiáselle e apagábase, pero nada do que facía lle gustaba. Pintou ata que só lle quedou o derradeiro bote, de cor branca. Con el pintou o lenzo definitivo: nel vía todos os seus soños.
Álbum publicado nunha espléndida edición. O enfoque pictórico do traballo de ilustración permite visualizar dun xeito harmónico esta historia sobre o traballo do artista.

34 p. - 25x25 cm.                                                             ISBN    84-8464-552-5

.  
RECENSIÓNS

  .  Soños de cor aventura (lg3)  -   lg3



Opinion