blix



Ana Mª Fernández: A longa viaxe de Carambeliña Polar
Ilustracións de Fino Lorenzo

Col. Infantil-Xuvenil. Serie Amarela
Obradoiro-Alfaguara. Vigo, 1998

A longa viaxe...

Carambeliña Polar é unha pequena folerpa que vive cos seus amigos, a foca, o oso polar, o cuco Nilo e o avó Friolo nas terras do Norte. Un día recibe unha carta na que se lle dá noticia da existencia e do paradoiro das súas irmás Pingoletiña e Gasosa. A raíz deste descubrimento a protagonista emprende unha longa viaxe ás terras do Sur co fin de coñecelas. Durante o camiño atópase co mago Corisco e o seu fantástico paxaro de xeo que a axudarán a chegar ao seu destino e cos que vivirá diversas aventuras.
O texto está acompañado de ilustracións en branco e negro nas que se emprega, ás veces, o recurso da colaxe.

65 p. - 20x12 cm.                                                      ISBN    84-8224-132-X




A nosa literatura infantil e xuvenil 1998
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca "Nova 33" -Obra social da Caixa Galicia
Coordinación: Mª Isabel Soto López
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 18. 2000



Opinion