blix



Pablo Otero "Peixe": Lolo.
Conto dun home que fixo unha bicicleta con dúas estrelas e a letra Z

Ilustracións de Pablo Otero "Peixe"

Col. Merlín. Eds. Xerais. Vigo, 1997

Lolo. Conto dun home que...

Lolo convérterase nun home sen ilusións. Esquecera o xeito de se divertir. Aos seus 40 anos vivía nunha cidade de cemento da que fuxira o sol. Só a súa casa era "unha illa de calor dentro dun océano de xeo". Pero unha noite visitouno a "señora maxia"
Acordou decidido a realizar un dos seus soños infantís: ser inventor. Á noite, durmido, colleu unha letra Z (das que só saen cando durmimos) e subiu á terraza, onde pillou dúas estrelas. Compuxo con elas un "ciclopteroalfabético", no que marchou voando cara ao sur á busca de aventuras e sorpresas.
É de subliñar a concepción audaz da ilustración, que combina os trazos elementais con elementos fotográficos e unha tipografía visualmente relevante.

40 p. - 13,5x19 cm.                                                            ISBN    84-8302-174-9



Opinion