| Colectivo
Crisol: O lobo sen rabo Ilustracións de Pepe Carreiro Col. Contos populares. Eds. A Nosa Terra. Promocións Culturais Galegas. Vigo, 2000 |
|
Andaba un lobo esfameado buscando na comida e bateu con dous
carneiros, que aceptaron que os comese pero antes tiña que lles axudar a
partir o prado; cando el estaba no choio, aproveitaron para darlle unha atopada
na paíña e liscou arrabeado. Atopou logo unha besta coa
cría, que se deixaban comer se lles sacaba os picos dos cascos: cando
llelos ía sacar a besta deulle tal couce que lle parteu a testa. Nun
forno, dúas cabuxas pedíronlle que antes de comelas lles cantase
a Misa do Galo: cando ía comezar, botáronse a el, que por sorte
escapou vivo. Como se foi laiar ao pé dun carballo, un carpinteiro que
estaba aserrando ao oílo deixou caer o machado e sen querer querendo
cortoulle o rabo. |
|