blix



Xoán Babarro: Lobo lobo
Ilustracións de Suso Cubeiro

Montaña Encantada. Serie Vermella
Ed. Everest Galicia. León, 2000

Lobo lobo

Nunha devesa, agachado entre a bouza, vivía un enorme lobo. Alimentábase de animais como años ou ovellas, claro, pero un dia cavilou en variar a súa dieta: un neno podería estar rico. E saíu na busca de un que levar á boca.
Ante unha branca casa chamou coa súa voz de lobo disimulada, pero non conseguiu enganar aos nenos, que lle pediron que lles mostrase a súa pata, e, como se negou, ameazaron con mazalo a golpes. Liscou con medo. Intentou logo comer unha vaca, que se defendeu cos cornos botándoo entre os piornos. Entón cavilou que prefería as torradas ao bisté, pois xa non quedan carapuchiñas que lle leven a merenda á avoa. E acaba confiando o seu segredo: en realidade, vive neste conto para meter medo.
En tríades rimadas, como o conto, explícase ao final o significado dalgunhas palabras con ilustracións mínimas que contrastan co poderoso impacto visual das que acompañan o texto.

60 p. - 12,5x19,5 cm.                                                    ISBN    84-403-0405-6



Opinion