blix



Patacrúa: Loboferoz
Ilustracións de Chené

Col. O. OQO Editora. Pontevedra, 2006

Loboferoz

Nesta adaptación a partir dun conto tradicional ruso cóntase que había unha vez un lobo lacazán que só comía papas de arroz, polo que estaba tan chuchado que xa non metía medo ningún. Entón decidiu cambiar de vida e converterse nun lobo feroz. Pero as presas que pretendía comer foron máis listas ca el: a cabra mandoulle abrir ben a boca e subiu a un outeiro, dende onde baixou correndo dándolle tal escornada que lle rompeu tres dentes; o burro díxolle que comezase polo rabo, mentres el comía na herba para lle estar máis gordo, e dun couce mandouno enriba dun carballo; a ovella co aquel de lle revelar onde hai unhas medias coa súa la, dunha dentada trincoulle a orella enteira; a vaca ofreceulle leite do seu ubre, aproveitando para sentar enriba del, deixándoo como unha alfombra; o porco mandouno montar enriba súa pois antes ía lavar o fociño e mais as orellas e en chegando á vila díxolle que berrase para que lles fosen preparando o baño, polo que ante o ouveo saíron os cans das casas todas. E o lobo tivo que fuxir correndo para o monte.
E ali quedou para sempre Loboferoz comendo papas de arroz.
Álbum con espléndidas ilustracións e colaxes a cores a toda páxina.

32 p. - 25x23 cm.                                                     ISBN    978-84-96573-50-5



.  
TRADUCIÓNS

castelan Loboferoz
Il. José Manuel Gómez Prieto - Trad. Patacrúa
Col. O. OQO Editora. Pontevedra, 2006
36 p. - 25x23 cm / ISBN: 978-84-96573-44-4
catalán Llopferoc
Il. José Manuel Gómez Prieto - Trad. Ariadna Martín
Col. O. OQO Editora. Pontevedra, 2006
36 p. - 25x23 cm / ISBN: 978-84-96573-56-7
catalán Grandméchantloup
Il. José Manuel Gómez Prieto - Trad. Marion Duc
Col. O. OQO Editora. Pontevedra, 2007
36 p. - 25x23 cm / ISBN: 978-84-96573-92-5
catalán O loboferoz
Il. José Manuel Gómez Prieto - Trad. Dora Isabel Batallim
Col. O. OQO Editora. Pontevedra, 2006
36 p. - 25x23 cm / ISBN: 978-84-96573-49-9



Opinion