| M. Lourenzo
González: A leiteira Ilustracións de Fernando L. Juárez Col. Os Contos do Trasno Comodín. Kalandraka Editora. Pontevedra, 1999 |
![]() |
Rosa Xoana, labrega de vinte anos, herdou dos pais unha
choupana, unha vaca e débedas. Para satisfacer estas, munxiu a vaca
recollendo vinte litros de leite de primeira, que pola mañá cedo
foi vender á vila. Como o camiño era longo foi botando as
súas contas: comprará cinco pitas cos cartos do leite, que
poñerán centos de ovos e pitiños, que venderá para
mercar vinte ovellas, coas que fará para comprar máis vacas e
unha pradería enorme, que lle darán para unhas leiras
grandísimas que traballarán uns fieis xornaleiros, gracias aos
que montará fábricas e tendas que a obrigarán a instalarse
na cidade, onde será famosa e nomeada presidenta da nación.
Eufórica, rompeu a rir e caeulle o balde de leite. Con el,
derramóuselle nun instante todo canto soñara |
|