blix



Mon Daporta Padín: O lazo
Ilustracións de Mon Daporta Padín

Col. Os contos da rata Luísa, 16. Eds. A Nosa Terra. Vigo, 2003

O lazo

O rato Roxelio regaloulle a Luísa un lazo para o rabo cando cumpriu anos. Ela está tan contenta que pasa todo o día mirando para el, ata cando vai pola rúa. Por iso se deu un batacazo contra unha farola e mancouse nun brazo, na testa e nun dente. Entón enfadouse e tirou co lazo. E collérono os nenos para facer con el un papaventos.
Con texto mínimo rimado e sinxelas ilustracións a toda páxina e a cores, péchase o conto, como todos os da colección, coa fórmula "Luísa, Roxelio / e mais os ratiños / esperan que vos gusten / estes seus contiños / ¡Abur!".

24 p. - 16x16 cm.                                                               ISBN    84-95350-20-3



Opinion