blix



Antón Cortizas: O lapis de Rosalía
Ilustracións de Margarita Menéndez

Col. O Barco de Vapor, Serie Branca, 9
Ediciones S.M. Madrid, 1992

O lapis de Rosalía

A Rosalía gastóuselle o seu lapis de debuxar sorrisos e o seu pai comproulle a un moinante na feira outro novo que poñía a todo o longo: "Lapis especial para nenas de seis anos". No colexio descobre que é desobediente: escribe o que el quere e non o que a mestra considera adecuado para as súas alumnas. Ante a incredulidade desta, o lapis non segue o seu dictado e teima en discorrer libremente: cando a mestra escribe con el, o lapis pon "Non me gusta escribir parvadas". Córrese a voz e todos os compañeiros de Rosalía queren comprobar a súa maxia. É marabilloso. Pero non se pode abusar, pois logo se lle gasta a mina...
Rosalía está feliz: dálle unha agarimosa aperta e bótalle un sorriso de seis anos de alegría.

64 p. - 19x12 cm.                                                          ISBN    84-348-3672-6



Opinion