blix



Mon Daporta Padín: O lagarto Alberte
Ilustracións de Mon Daporta Padín

Col. Os amigos da rata Luísa, 5. Eds. A Nosa Terra. Vigo, 2002

O lagarto Alberte

O lagarto Alberte é un pouco traste. Como se mete en moitas aventuras, sempre leva vendas. Anda en bicicleta do revés e ata fai cabaliños; nos patíns, voa en vez de correr e dá pinchos no aire. Pero cando o garda, o moucho Rubén, o pillou nunha moto sen casco nin permiso meteulle unha multa de moito coidado.
Con texto mínimo rimado e sinxelas ilustracións a toda páxina e a cores, péchase o libro, como todos os da colección, coa fórmula "Luísa, Roxelio / e mais os ratiños / esperan que vos gusten / estes seus contiños / ¡Abur!".

24 p. - 16x16 cm.                                                            ISBN    84-95350-39-4



Opinion