| Anxo
Fariña: O Ladrón de Palabras Ilustracións de Anxo Fariña Col. Contos do Miño. Eds. A Nosa Terra. Vigo, 2008 |
|
Mentres o tío Manuel, Xela e Brais estaban de
vacacións en Venecia, na súa cidade, e cunha potente aspiradora,
o Ladrón de Palabras rouboulle da cabeza as palabras á xente.
Cando regresaron, atopáronse con que ninguén podía falar
nin escribir. Xuntando as letras que compoñen a palabra corda
conseguiron darlle caza ao ladrón, quen, desesperado, xuntou a palabra
bomba e esvaeceuse no aire. A aspiradora estourou en mil anacos co seu contido:
as palabras desapareceron para sempre. |
|