| Paco
López Barxas: O ladrón de
paxaros Ilustracións de Chus Ferrín Col. Xiz de Cor, 10. Ed. Baía. A Coruña, 2006 |
|
Aquela mañá Martín levantouse
sobresaltado. Descubriu miles de gaiolas de paxaros encarcerados, que coas
primeiras calores de xuño os donos sacaran aos balcóns da gran
cidade para que se refrescasen. Esa noite, saíu voando na almofada, a
súa gran confidente e amiga, e foinos sacando das gaiolas,
levándoos deica o Parque da Casa de Campo, onde todas as tardes os
ía visitar ao saír da escola. Así fixo durante varios
días. A terceira noite xa levaba preto de dous mil. Entón os
xornais comezaron a falar da estraña desaparición de paxaros na
cidade e os vendedores de gaiolas a protestar. Cando ían uns quince mil
cincocentos fuxidos das gaiolas, un policía descubriu ao ladrón
de paxaros, encerrándoo nun calabozo. Entón durante varias noites
os paxaros, guiados pola almofada, picaron nos ferros exteriores da gaiola
grande do cárcere ata conseguir liberar a Martín. |
|