 |
Peza de teatro de acto único e sete escenas en torno á
noite do Samaín, o 32 de outubro, na que os celtas celebraban a chegada do inverno
e para escorrentar os espíritos dos mortos expoñían as caveiras dos
guerreiros vencidos. Tres rapaces que andan á busca de cabazas coas que facer
caveiras para a noite do Samaín atopan nun campo de millo tres, mais desbotan unha
delas por pequecha e retorta. Decidida a non faltar na cita da noite, esta cabaza
emprende o camiño da festa deica a vila de Cedeira, acompañándoa a
Mazaroca, e uníndoselles polo camiño unha Folla de carballo e mais
dúas Castañas. Antes de que cheguen, un avó vea e convence ao neto
de que a pode converter na caveira que arelaba. Seguen os outros viaxeiros e
atópanse co pasarrúas de caveiras, rematado o cal a cabaza desprezada
asusta aos rapaces que non a quixeron, grazas á maxia da noite do
Samaín.
|