| Xosé
Antonio Perozo: A incrible historia de
Claudina Ilustracións de Luis Sánchez Col. Ala Delta, 1. Serie Vermella Ed. Edelvives. Zaragoza, 1990 |
![]() |
Conta a narradora que vivía nun regueiro
tranquilamente, pero un día tivo que afastarse fuxindo dun crebaosos.
Entón pensou en coñecer mundo. Metida entre patacas, nun saco,
foi dar a unha casa. E nela está moi a gusto. O pai de familia dixo que
era un galápago femia e bautizárona como Claudina. |
|