| Raquel
Méndez: Homiño de mazapán Ilustracións de Elia Manero Col. Os Contos do Trasno. Kalandraka Editora. Pontevedra, 2002 |
|
Había unha vez unha parella de avós que
vivían sós. Un día, amasando, ela pensou en facer un
homiño de mazapán. E fixo a figuriña: con dous figos de
ollos, unha noz de nariz e na boca un sorriso de marmelada de amoras. Meteuna
no forno e cando o abriu saíu correndo un homiño de
mazapán para o xardín. Foron os dous anciáns tras del para
ver de pillalo. Na súa fuxida, unha vaca e logo un cabalo, ao velo
pasar, pensaron en comelo, polo que tamén pegaron a correr detrás
súa. |
|
|